Publicación destacada

sábado, 18 de febreiro de 2017

BENVIDA AO BLOG DE EXTRAESCOLARES

Queridos lectores e queridas lectoras: benvidos  ao novo blogue de extraescolares do CEIP Manuel Vidal Portela de Pontevedra. Sabemos que co curso xa tan avanzado non imos poder deixar aquí unha lembranza das actividades, celebracións, actuacións, saídas.... que quedaron atrás, pero iso non vai ser problema pois tendes todas esas imaxes na páxina web do colexio. Anque algunha que outra sí temos e iremos poñéndoas aquí.
Aínda que se pudese pensar que o título de extraescolares se refire a actividades feitas fóra do curriculo educativo, todas e cantas entradas se escriban neste blog están tratadas dentro do horario lectivo  e abranguen sempre as competencias curriculares e os obxectivos da educación infantil e primaria.
Con este blogue queremos tamén darvos un medio de participación a todo o alumnado. Podedes subir a estas páxinas todo o que para vos sexa importante relacionado coas actividades que facemos dentro e, sobre todo, fóra das aulas. Só poñemos 2 condicións: que sexa respetuoso con todos e todas e que esté ben redactado por vos. Para iso non tendes máis que falar con algún membro do Departamento de Actividades Extraescolares (Arsenio, María, Marisé, Rosi, Elvira...) ou coa vosa titora ou titor. Tamén podedes facer os comentarios que queirades anque antes de publicalos imos comprobar que se cumplan as mesmas dúas condicións anteriores.
Moito ánimo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario