Publicación destacada

domingo, 9 de abril de 2017

SAÍDA AOS BOMBEIROS

Foron visitar aos bombeiros os cursos de 1º e 2º dde primaria para saber como é o seu traballo. Pero ademais, ensináronlles como viven, como entrenan, como son os seus camións, as roupas de traballo... Pasáronno moi ben e, por enriba, ao final, fixéronlles unha festa da espuma. Moitísimas grazas a todos eles, porque iso sí, só vimos homes e ningunha bombeira.

INTERPRETANDO A MATISSE

Que preciosidade! 22 interpretacións distintas de Lydia Delectorskaya pasaron pola aula de 1º A. Que importantísimo é manter a educación artística dende os primeiros anos na formación do noso alumnado. Noraboa ao alumnado e a profe Carmen por estas propostas tan formativas dentro do curriculo da educación primaria.



ESTACIÓN METEOROLÓXICA


Quen sabe? Ao mellor nestas aulas temons algunha ou algún meteorólogo porque fixeron ata a súa estación con materiais de refugallo. E non só iso, ademáis estudaron o ciclo da auga e traballando en equipo concretaron o aprendido nas fichas de experimentación. Mirádeo.

NUNCA É TARDE

Anque o día da árbore e da poesía quedou atrás o alumnado de 6º acordou esta semana sacar o seu traballo ao corredor. Eles queren que o poñamos aquí e nós queremos que o vexa o alumnado e profesorado de todo o cole. Pois así será.

Unha mágoa que sexa un contraluz pero se queredes velo mellor pasade polo  loooongo corredor do 1º andar, á altura das portas de 6º,  para velo e lelo. Paga a pena.

ANIMAIS DOMÉSTICOS E SALVAXES

Este é un traballo de ciencias naturais de 1º A. Concretárono nun mural onde fixeron unha actividade de investigación, expresión escrita e plática, pero o máis importante quizáis sexa que foi un traballo voluntario ofertado pola profesora Carmen e que o seu alumnado traballou de seu nas súas casas, seguramente acompañados polas nais e pais. Noraboa a todos/todas.

sábado, 1 de abril de 2017

SUPERESPECIALISTAS


22 DE ABRIL

Hoxe celébrase o Día Internacional das persoas con Autismo, pero no cole xa o traballamos o venres. Adornamos as ventás do colexio con sacos azuis e tamén falamos nas aulas sobre o que significa eso do autismo. O máis importante queda reflexado neste cartel pero sobre todo, sobre todo, aprendemos que o autismo NON É unha enfermidade nin tampouco unha eiva. Ademáis temos un compañeiro marabilloso que bota por terra moitas das ideas que podiamos ter.

 As ventás do cole cos sacos azuis lembrando este día.

 O cartel que resume moooi resumido como é unha persoa con autismo.
Na clase de 1º A tamén decoraron con globos azuis moi ilustrados.