Publicación destacada

Amosando publicacións coa etiqueta Día mundial da auga. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día mundial da auga. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de marzo de 2017

DÍA MUNDIAL DA AUGA

O Día Mundial da auga celébrase anualmente o 22 de marzo como un medio de chamar a atención sobre a importancia da auga doce e a defensa da xestión sustentable dos recursos de auga doce. Nas aulas de 3º adicáronlle este día ao tema do que saíron moitas ideas, preocupacións e unha pequena exposición cuns carteliños moi importantes. Como os nenos e nenas de 3º están alá arriba no 2º andar moi agochadiños case ninguén os mirou pero iso non vai ser problema. Agora podedes miralos aquí e logo dar unha volta por alí.