Publicación destacada

sábado, 11 de novembro de 2017

MONSTROS SOPLADOS

Fixádevos no que fixeron os nenos e nenas de infantil de 4 anos soplándo témpera líquida cunha palliña sobre o folio branco. Son monstruos preciosos e os dentes déronlle o remate final. 😱😱😱


OBRADOIRO DE COGUMELOS

Chegou o outono ... pero a chuvia ainda non. Que mágoa! O caso é que no cole tivemos uns obradoiros no que nos ensinaron a cultivar setas aproveitando as borras de café. Contáronnos un montón de cousas moi interesantes e algunhas delas podemos facelas nas nosas casas sen perigo algún. Só precisamos tempo para que medren e logo... a comelas! Con todo, esperamos que empece a chover axiña e poder tamén ir buscalas polos montes e prados.

BÚSCASE

Menudo lío se armou no cole. Os nenos e nenas de 1º e 2º andan a procura da bruxa Paca, unha señoriña con voz de pito, naris ganchudo e mandil á cintura. Onde andará? Así a acordan pero... fotos non hai. Quen será, será?

MAGOSTO 2017 EN FOTOS

Menuda festa!!!

  Próximanente aparecerán os nenos e as nenas de Infantil

sábado, 4 de novembro de 2017

ALGÚNS PROTAGONISTAS

😅Aquí están algúns dos protagonistas do video anterior. Buscaremos nas cámaras das/dos profes se teñen aos que faltan.

O SAMAÍN DO ALUMNADO DE 5º

Que mágoa a pouca luz! Foi máis bonito velo en directo que neste video pero... é o que hai.

venres, 3 de novembro de 2017

O ALUMNADO DE 5 ANOS...

TEN MEDO A........ OS INCENDIOS


E NÓS TAMÉN!!!

PORTAS E MURAIS DE MEDO

O MOUCHO. 2ª PARTE.

O MOUCHO. 1ª PARTE

Hoxe os nenos e nenas de 5º e 6º, dirixidos pola profesora de música Alicia, despediron a semana do Samaín cun festival musical curtiño pero moi bonito. Vímolo todos os do cole, pero eles non se puideron mirar así que para eles/elas e para poder volver velo nós, poñémolos aquí en 3 videos curtos. Un aplauso para o alumnado que o fixo xenial!!!!! 😃💗💗

    

SAMAÍN 2017


Menuda semana esta que remata: contos de medo, exposicións, festival de música, esqueletos, pantasmas, mouchos... Imos poñer no blog todas esas actividades para que poidades velas pouco a pouco e cando queirades. Hai traballos preciosos, cabazas con mooooito traballo, seres sobrenaturais e moitas, moitas cousas que dan medo de verdade.