Publicación destacada

mércores, 31 de xaneiro de 2018

PAZ E RELAX

Que experiencia máis agradable. Quedamos coa sensación de que esto non pode quedar nun só día. Non sería perfecto practicar a cotío 10 minutos antes de empezar a traballar? Intentámolo?

DECORANDO A PAZ


IMAXINANDO O MAR

Pasou de visita... e de traballo  Antón Sobral. Invitámolo porque é un gran pintor de Pontevedra. Veu  á escola encantadísimo. Pero non sabía o que lle esperaba!!!
O caso é que ademais de falarnos do seu traballo ...ohhhh!, púxonos a traballar a nós. Daquel precioso día quedounos este recordo feito polo alumnado de 3º e 4º de primaria co pintor e as titoras Carmen, Lupe, Janett e Estela. Mirade que mares....







Si queredes ver os orixinais só tendes que subir ao 2º andar e mirar as paredes de 4º e 3º. Gustaravos seguro.

GLORIA FUERTES

Ola!!! Lembrades os poemas que esta semana estamos a escoitar na hora de ler? Claro que sí!, son de Gloria Fuertes.


A autora que protagoniza moitos momentos da nosa vida na escola este curso e que está tan presente esta semana da Paz no cole. Por iso queremos deixar no blog o voso traballo cos versos do Poema del Sí que colocamos nos chanzos das escaleiras.


Este é o primeiro tramo da escaleira dos nenos e nenas de 4º a 6º de primaria. Síguelle estoutro:


Pero indo cara a zona de infantil, 1º e 2º atopámonos con este:


Dicirvos que a idea é moi bonita e sorprendeunos moito. Parabens a todos e todas polo interese amosado.