Publicación destacada

venres, 24 de marzo de 2017

DÍA MUNDIAL DA AUGA

O Día Mundial da auga celébrase anualmente o 22 de marzo como un medio de chamar a atención sobre a importancia da auga doce e a defensa da xestión sustentable dos recursos de auga doce. Nas aulas de 3º adicáronlle este día ao tema do que saíron moitas ideas, preocupacións e unha pequena exposición cuns carteliños moi importantes. Como os nenos e nenas de 3º están alá arriba no 2º andar moi agochadiños case ninguén os mirou pero iso non vai ser problema. Agora podedes miralos aquí e logo dar unha volta por alí.





DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

Tentamos recoller os traballos feitos nas aulas sobre este día. Atopámolos polos corredores e nas escaleiras e fixemos esta presentación para vos.

CONTACONTOS

Ai!, que ben o pasamos durante unha hora con Iago, o contacontos de Xerais-Anaya, que veu á nosa Biblioteca presentarnos o libro Martiño, o cociñeiro. Rimos a escachar, coñecemos un conto novo moi ben contado e representado e tamén aprendemos unha chea de palabras en galego como fermento e adobo. Foi chulísimo!!!! e senón mirade as fotiños.

CARTEIS DE ANTROIDO

Nunca é tarde se o traballo é bo, por iso queremos deixar neste blog o traballo plástico que o alumnado de 2º A E 2º B fixeron das Pantallas, Xenerais, Boteiros, Peliqueiros e o loro Ravachol adobadiños coas comidas típicas destes tempos.

mércores, 1 de marzo de 2017

MEDO E VALENTÍA

A continuación podedes ver o traballo  que armou o alumnado de 2º de Primaria, das profes Lidia e Rosi, para participar no Salón do Libro de Pontevedra. Pensamos que está completo pero xa nos diredes pois pódese arranxar.
Noraboa aos nenos e nenas que o encheron de contido.