Publicación destacada

sábado, 25 de febreiro de 2017

A VALENTÍA DE MANUEL

Relato do alumnado de 5º de Educación Primaria co que participa no  XVIII SALÓN DO LIBRO: "O MUNDO QUE QUEREMOS" 


INFANTIL NO SALÓN DO LIBRO

Outro ano máis o noso cole participa no Salón do Libro. Imos poñervos aquí o traballo das nenas e nenos de Educación Infantil para que o miredes con acougo. Xa vos adiantamos que é precioso.
Se picades na imaxe poderédelo ver ampliado.

venres, 24 de febreiro de 2017

ANTROIDO 2017

Chegou o día desexado e pasou o que tiña que pasar: alegría, risas, bailes, actuacións, desfiles... Foi moi bonito e divertido ver a todos e todas disfrazados: nenos, nenas, maestras, maestros ... e ainda máis, o director Arsenio cun enorme pelucón morado tirando do altavoz da música. Que mágoa pois só lle faltaba a cabra!!!! Para o ano máis e mellor, seguro.

Agora unhas cantas fotiños deste día. Tamén fixemos un video coa actuación do alumnado de 5º pero irá noutra entrada distinta, dentro duns día pois hai que revisalo completo.

Bicos para todos e todas.

domingo, 19 de febreiro de 2017

ANUNCIO DE FESTA



O alumnado de Infantil quere marcha!!!! Foron os primeiros en anunciar o que nos ven aí e por nós non vai quedar: andan atarefados cos seus vestidos e agradécenlle ás familias a súa colaboración.

O ENTROIDO

O venres 24 celebramos o entroiodo na escola. Recollendo o tema das EMOCIÓNS porposto pola Biblioteca os disfraces deste ano, con moito colorido, van andar arredor da alegría, tristura, medo, enfado, ... Pero ainda falta un pouco, Mentres tanto para animarvos con algunha lectura para os máis pequenos e pequenas temos dous contiños de Mon Daporta Padín, o autor da Rata Luisa.






CADEA HUMANA

Organizado polo Concello de Pontevedra participamos na cadea escolar contra a violencia de xénero. Dende o noso colexio ata a rúa  Cobián Roffignac os 412 nenos e nenas e máis o profesorado enchemos as rúas Cruz Vermella e Avenida Buenos Aires nunha marcha silenciosa. Aplausos para todos e todas e tamén para os organizadores de día tan negro.


sábado, 18 de febreiro de 2017

XOGUETOLANDIA

Unha actividade preciosa foi a do obradoiro de xoguetes no que participaron varios cursos, entre eeles os de 2º. As monitoras, moi paveras elas, enredaron cos nenos e nenas durante una sesión facéndoller pensar en cantos enredos podían sair dos materiais que adoitamos tirar ao lixo. Alí, na biblioteca, fixeron algún xoguetiño con uns fíos de lá, paus de pinchos e corteza de carolas, pero despois as profes Lidia e Rosi animaron ao seu alumnado a atreverse facer algo máis. Dese reto sairon una morea de xoguetiños que amosamos no seguinte video. 

DE MUSEOS

O alumnado de 1ºe 2º de primaria saíu de visita ao Museo Provincial. Foron acompañadas polas súas titoras Carmen, Judith, Rosi e Lidia e algunha profe máis de apoio. Polas imaxes que nos trouxeron parece que, ademáis de aprender, divertíronse. Xenial.





DÍA DA PAZ

Despois de varios días facendo actividades nas aulas chegou o 30 de xaneiro. Ese día celebramos no cole, todos e todas xuntos, o Día da Paz. Houbo canción, baile, solta de pombas, entrega de agasallos, murais, mensaxes en botellas, pombas polos corredores…

Aquí imos deixarvos unas pouquiñas imaxes deses momentos pero lembrade que na galería de imaxes da web do cole tendes moitas máis.

O CORREDOR





OS MURAIS




OS AGASALLOS







SAÍDA MICOLÓXOCA

A asociación micolóxica Bricabois de Pontevedra estivo no noso cole para ensinarlles o máis básico dos cogumelos ao noso alumnado de 2º de primaria. Primeiro puxéronlle aos nenos e nenas un power point sobre as precaucións a ter con estes fungos, explicáronlle a importancia que teñen para o ecosistema, onde atopalos... Tamén nos deixaron durante uns días unha exposición con distintos exemplares, algúns moi curiosos, e moi ben etiquetados e leváronnos a pescudar pola Illa das Esculturas. Alí recolleron un montón de cogumelos sempre coa supervisión dos monitores.






Tamén temos video. Aquí o deixamos





UN CONTO DAS CASTAÑAS

O día do Magosto as profes ensináronnos dous contos: un inventado e o outro foi unha apatación dun conto tradicional traído a estas datas. Están collido da páxina http://adelaleiro.com, pero unha profe contounos que ela coñecida ao autor e ilustrador destas historias que nos fixeron rir. 






O MAGOSTO

Chegou o Magosto e non puidemos deixalo pasar. Os nenos e nenas trouxeron as castañas e o profesorado, axudado polos conserxes, asaron as castañas. Mentres, nós xogamos á corda, ao pano, cos paracaídas, cos aros, as cucharas, ao pase misí… E cando todo estivo listo sentamos a comer as castañas quentiñas… anque alguna había crúa!!! Pouquiñas sobraron.

Chegou o Magosto e non puidemos deixalo pasar. Os nenos e nenas trouxeron as castañas e o profesorado, axudado polos conserxes, asaron as castañas. Mentres, nós xogamos á corda, ao pano, cos paracaídas, cos aros, as cucharas, ao pase misí… E cando todo estivo listo sentamos a comer as castañas quentiñas… anque alguna había crúa!!! Pouquiñas sobraron.

Tendes máis fotos na galería de imaxes da páxina web do colexio.







BENVIDA AO BLOG DE EXTRAESCOLARES

Queridos lectores e queridas lectoras: benvidos  ao novo blogue de extraescolares do CEIP Manuel Vidal Portela de Pontevedra. Sabemos que co curso xa tan avanzado non imos poder deixar aquí unha lembranza das actividades, celebracións, actuacións, saídas.... que quedaron atrás, pero iso non vai ser problema pois tendes todas esas imaxes na páxina web do colexio. Anque algunha que outra sí temos e iremos poñéndoas aquí.
Aínda que se pudese pensar que o título de extraescolares se refire a actividades feitas fóra do curriculo educativo, todas e cantas entradas se escriban neste blog están tratadas dentro do horario lectivo  e abranguen sempre as competencias curriculares e os obxectivos da educación infantil e primaria.
Con este blogue queremos tamén darvos un medio de participación a todo o alumnado. Podedes subir a estas páxinas todo o que para vos sexa importante relacionado coas actividades que facemos dentro e, sobre todo, fóra das aulas. Só poñemos 2 condicións: que sexa respetuoso con todos e todas e que esté ben redactado por vos. Para iso non tendes máis que falar con algún membro do Departamento de Actividades Extraescolares (Arsenio, María, Marisé, Rosi, Elvira...) ou coa vosa titora ou titor. Tamén podedes facer os comentarios que queirades anque antes de publicalos imos comprobar que se cumplan as mesmas dúas condicións anteriores.
Moito ánimo.