Publicación destacada

venres, 16 de xuño de 2017

martes, 13 de xuño de 2017

AS NOSAS AVOA


Una preciosa actividade que están a facer o alumnado de 2º de Educación Primaria é preguntarlle aos seus avós e avoas pola súa infancia. Todo o alumnado presentou a súa entrevista por escrito pero houbo quen tomou videos. Iso é o que vos deixamos hoxe neste blog.




A AVOA DE QUIQUE

domingo, 11 de xuño de 2017

GANAPÁN 2ºA

O venres 9 de xuño tocounos aos nenos e nenas de 2º A visitar o mercado de Pontevedra. Foi moi divertido e as profes fixeron este libriño con algunhas cousas do que vimos. Pasámolo xenial e aprendemos moitisimo.


domingo, 4 de xuño de 2017

GANAPÁN

Visita do alumnado de 1ºA ao mercado de abastos de Pontevedra. Sentimos que unha boa parte das fotos se perderan, cousas da tecnoloxía. Tan pronto as recuperemos poñerémolas aquí. Polo de agora deixamos estas que tamén son chulas.


A PROBA DO REQUEIXO

Tamén, de xeito moi resumido, o que foi a elaboración do requeixo queda nestas imaxes. Outra vez lles tocou aos nenos e nenas de 2º saír na reportaxe. Esperemos que noutras actividades poidades darnos fotos doutros cursos.

VIDEO REQUEIXO

Deixamos aquí o enlace para ver como a sra. Esther remata coa elaboración do requeixo.Picando nel lévavos ao video. https://youtu.be/Wt_VaJktkS8

mércores, 17 de maio de 2017

O PIRATA PATA DE LATA


O alumnado de 1º A traballou o libro O Pirata Pata de Lata da editorial Kalandraka durante tooodo o mes e para rematar, aprenderon de memoria esta historia rimada en galego. Hoxe que é o día das Letras Galegas deixamos aquí o video que gravaron na aula. Dámoslle os nosos parabén por moitas cousas pero, por enriba de todo, por aprender esta historia en galego e saber recitala.